Celebráronse en Ribeira coa colaboración do club ADECO-DEA e arbitraxe da FG de natación. Coa presenza de dez nadadores de 4 clubs, houbo moi bo ambente. As probas se organizaron conxuntamente cunhas probas de nenos da Fed. galega de natación e conseguiron o que se pretendía: que catro nadadores conseguiran as marcas mínimas para poder participar nos campionatos de España de seleccións autonómicas a celebrar en Zaragoza. Estes foron: Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez do CN Galaico, José Manuel Figueiras do Amfiv e José Luis Pan do Adeco-Dea.
Tamén participaron Alvaro Illobre (1º en 50 m. libres S8), Miguel Romero, Manuel Tesouro e Pedro Paz do ADM Ferrol e José Juanatey de Adeco. Na foto, José Manuel Figueiras, o novo valor do Amfiv.
Tamén participaron Alvaro Illobre (1º en 50 m. libres S8), Miguel Romero, Manuel Tesouro e Pedro Paz do ADM Ferrol e José Juanatey de Adeco. Na foto, José Manuel Figueiras, o novo valor do Amfiv.
No hay comentarios:
Publicar un comentario