martes, 5 de diciembre de 2006

Mundial de Durban (1)

Estase a disputar en Durban (Sudáfrica) o mundial de natación. Na primeira xornada, Chano Rodriguez conqueríu unha medalla de prata na proba de 50 metros livres, con 33.91, por detrás dun Ucraíno que fixo 33.77.
No día 3, Chano volveu a quedar segundo na proba de 200 m. livres, cunha marca de 2:48.45, por detrás do británico Anthony Stephens, que fixo 2:46.19. Pero foi na proba de relevos donde acadou a súa primeira medalla de ouro, xa que o equipo español formado por Orive, Gordillo, Vidal e él mesmo foi o gañador da proba de 200 metros relevos cunha marca de 2:21.89, o que supón un novo récord mundial.

No hay comentarios: